Liga de Pádel Autonómica

Rías Altas / Rías Baixas

SÉPTIMA JORNADA: CERVECERIA DLUXE PADEL CARBALLO B na sua visita a A1 PADEL

 

Crónica de Javier Sande:

Nesta 7º xornada na 3ª categoria o Cerveceria Dluxe carballo b gañaba por 1-4 en Coruña frente a A1 PADEL onde so perdia a cuarta parexa formada por Diego Garda e Ruben Gago. Os partidazos foron os da terceira, segunda e primeira parexa, todos os partidos a 3 sets e 2 deles de remontada. PRIMEIRA: J. Carlos varela e Fran franco perdian 6-4 no primeiro logo de ir 4-3 por enriba, remontaban no segundo un 5-4 rompendo o saque e gañando 7-5 e no agonico terceiro set levantavan un 6-5 con saque en contra e gañando o tie-break por 7-2, 2 horas e 15 minutos de padel espectacular. SEGUNDA: Marcos Rey e Jose Manuel Pichel remontaban o partido que empezaron perdendo 6-3 facendo 6-2 6-2 nos seguintes sets, estes homes suman todos os seus partidos, sendo parella, como victorias. TERCEIRA: Partidazo de 2 horas onde Carlos Gomez e Ruben Puga remontaban un 5-1 en contra no primeiro set, sendo 7-5 para os meus ao final e con Carlos Gomez co tobillo lastimado nunha torcedura dende o 5º xogo deste set, no segundo relaxaronse e perderon 6-3 para logo gañar 6-4 nun loitadisimo 3º set onde se esforzaron a fondo ata lograr a victoria, espero recuperar a Carlos a tempo cara o proximo domingo. Agora mesmos somos o 4º clasificado da 3º categoria, e este fin de semana visitanos o lider da categoria, o Padel Viveiro Hotel Ego.

 

Información

Esta entrada fue publicada el abril 3, 2012 por en Liga Autonómica.